A Punta da Navalla
No día de hoxe 12/09/2016 comeza o primeiro programa sobre improvisación oral en verso na radio e en galego. O proxecto, levado ao cabo por Radio Valadares, nace coa única pretensión de dar a coñecer un pouco máis esta arte milenaria en Galicia e no resto do mundo. Á fronte do programa estará Kike Estévez, un dos novos regueifeiros do país, que falará un pouco sobre historia da regueifa, contará con algunha entrevista a algún ou algunha representante desta arte, e, para rematar, reproducirá algunha peza tirada dalgún video ou dalgunha gravación propia.
O horario será os luns ás 14.00h no 106.1 do dial de FM. (Radio Piratona), e contará con reposicións os mércores ás 23.00h, os venres ás 2.00 da madrugada e os sábados ás 11.00h da mañán.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
A PUNTA DA NAVALLA.documentofundacional.doc | 172.5 KB |