Skip to Content

A regueifa viaxa a Berlín

Baixo o título de "pensa, rima, bota!" celebrouse os pasados 1 e 2 de xullo un encontro en Berlín de improvisación e oralidade. A regueifa galega estivo presente con Lupe Blanco, pero tamén estiveron improvisadoras do País Vasco, Uxue Alberdi, e de Mallorca, Maribel Servera, para levar ata Alemaña a tradición da improvisación.
No encontro houbo tempo para expoñer e actuar diante do alumnado da Universidade Libre de Berlín, nun espazo no que se traballaron diversos temas, como o papel da muller na literatura oral.

https://www.facebook.com/share/v/15FVoLEW6c/