Regueifa Tour en Moanha
O Regueifa Tour chega a Moaña o 8-M.
As Regueifeiras da Semente chegan a Moaña na súa xira que comezou en
setembro en Vigo e continuou no Courel, Vilalba, Vila de Cruces, Viana
do Bolo e, en Euskal Herria, en Lekeitio, Derio e Donosti.
O obxectivo é levar a regueifa a locais onde se reunan adolescentes en
festas de poesía oral improvisada onde a regueifa sexa a protagonista,
fóra do horario escolar.
Este 8 de marzo, ás 17.30, o Regueifa Tour celebrarase em Moaña,
dentro das actividades feministas do Concello, na Casa da Mocidade.
Participarán no evento as improvisadoras Sara Marchena e Tegra do
Courel, acompañando as Regueifeiras da Semente.
O obxectivo do Regueifa Tour é tecer unha rede de adolescentes coa
regueifa e o activismo en defensa da lingua galega como nexos de unión.
As Regueifeiras da Semente son catro rapazas entre 11 e 14 anos que
regueifan desde sempre: son regueifeiras nativas, aprenderon a regueifar
ao mesmo tempo que a falar. Reúnense un dia á semana para regueifar,
como atividade extraescolar na Escola de Regueifa da Semente, en
Compostela. Teñen actuado en dúcias de festas e festivais, como a
Regueifesta, o Enreguéifate, o Festival de Pardiñas, o Festival de
Repentismo de Madeira, o Festival Internacional de Verso Popular-
Festcordel, en Abanca, Portugal, a Escola de Regueifa de Carballo ou en
cursos de formación de profesorado do CFR. En 2023 participaron na
serie documental sobre regueifa “Regueifa – Freestyle” de Nós
Televisión.
O espectáculo contén desde regueifa tradicional até novas influencias
como bases eletrónicas, xogos de humor, temas vinculados aos movimentos
sociais como, neste caso, o feminismo.