Skip to Content

III Premios da Regueifa en Carballo

13/01/2024 18:00

Os III Premios Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2024, convocados por iniciativa do grupo La Voz de Galicia en colaboración con varias entidades, cítannos o vindeiro 13 de xaneiro, ás 18 h, no Pazo da Cultura de Carballo.

Novamente, mestres e mestras da regueifa xuntaranse coas voces máis novas en desafíos, que son tamén unha festa de celebración da vitalidade da improvisación oral en galego.