Skip to Content

I Encontro Interxeracional Regueifeiro

03/02/2024 11:00

A Asociación Oral ten o pracer de anunciar un acto histórico que terá lugar na emblemática Casa de Rosalía de Castro en Padrón. Máis de 40 improvisadoras/es de todas as idades e puntos da Galiza xuntaranse neste lugar cargado de historia para celebrar unha asemblea anual e o primeiro Encontro Interxeracional Regueifeiro.