- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- Regueifas premiadas no certame Enreguéifate
- Enreguéifate 2022-2023
- II Premio Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2023
- Comeza o Curso de Improvisación Oral do CIOV 2022 - 2023
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2022
- XII Certame Escolar de Regueifas (Vigo)
- II Certame Escolar Provincial de Regueifas (Valadares)
- IV Certame Comarcal de Regueifas (Morrazo)
- Certame Provincial de Regueifa 2021 (Pontevedra)
- Inscricións para o Curso de Regueifa no CIOV (2021 - 2022)
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021
- Fin de curso do CIOV 2021
- XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares (2020)
- Comeza o "Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!
- O derradeiro brindo do Ribeira
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
Certame Provincial de Regueifa 2021 (Pontevedra)
A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Lingua e en colaboración coa Asociación Oral de Galicia, vén de impulsar un novo Certame provincial de Regueifa que conta coa participación de 41 centros de Ensino Secundario da provincia.
Os obradoiros están dirixidos a alumnado da ESO e estanse a celebrar en dúas quendas. A primeira comezou o pasado día 13 e finalizará hoxe, e a segunda comezará o 25 de outubro e rematará o 5 de novembro. A demostración final, que terá lugar o 19 de novembro no auditorio do CVC de Valadares en Vigo, estará limitada a dez centros, clasificándose estes en base ao nivel do alumnado, a súa implicación e o número de rapazas e rapaces interesadas.